16/6/08

Arqueoloxía da Idade do Plástico


Non é a primeira vez que citamos aquí aportacións verquidas por Bea Comendador no blog amigo www.pasadoreciclado.blogspot.com unha das olladas arqueolóxicas máis intelixentes e simpáticas das reflexadas na Rede máis cercana. Reflexiónase alí sobre a cultura material da nosa infancia, das décadas de 1970 e 1980, plásticos, cristais e papeis que se converten, co paso do tempo, en restos arqueolóxicos que permiten datar unidades estratigráficas. Nesta liña, velaí tedes algúns dos materiais que permiten data-lo verquedoiro que cubría parte do sector 01 da nosa escavación no Castro Grande de Neixón: Mirindas, gaseosas Rianxeira, caramelos La Asturiana, pipas Facundo, búrmanflashes...

Fotografía: Leonardo González Pérez.

2 comentarios:

Fran dijo...

Cal foi a reliquia plástica máis vella que atopastes?

El Ayán dijo...

Una boneca de Famosa desartellada e algunhas bolsas de chuches, así coma as míticas gasosas A Rianxeira