30/5/08

Cambio climático



Nos castros de Neixón acontecen cousas. Actos vandálicos que estragan os carteis e mailo mobiliario, desembarcos de droga... o normal dentro dun espazo postmoderno. Pero hai certas intervencións que acadan a categoría de arte. Velaí ese radiador enfurruxado, coroando a papeleira, ao sopé do parapeto do Castro Pequeno. Será unha instalación dun xove artista vangardista de Boiro? Será unha denuncia do feísmo? Será un símbolo ecoloxista? Será un indicador do cambio climático? Será un aviso a navegantes? Será refugallo, lixo, basura?

1 comentario:

Unknown dijo...

Tiñamos esa foto dende primeiros de abril e traspapelóusenos. Grazas por lembrárnola. Xa temos a fotodenuncia en Certo.