26/5/08

Aira da Pedra



Dentro da potente tendencia neofolk que percorre o NW ibérico atopamos pastiches, fantasmadas, bandas de gaitas escocesas, recreacións sorprendentes, polémicas, tensións tradición-Modernidade... Non somos quen para xulgar o sistema de saber-poder musical establecido no noso país. Agora ben, recoñecemos a autenticidade das propostas honestas. Este é o caso de Aira da Pedra, grupo de música folk do Bierzo, nos lindeiros da galeguidade. Anos recollendo a tradición oral berciana, pescudando no imaxinario colectivo, gravando dos beizos dos vellos e vellas cancións en aldeas xa hoxe abandoadas, reproducindo un idioma que desaparece, e elaborando temas de gran calidade. Aira da Pedra pon a música ao documental O'Neixón: historia vida dun castro dirixido por Lucas Santiago e producido polo IEGPS (CSIC-XuGA) e Fungo Audiovisual de Boiro. Este documental será presentado no inicio da campaña arqueolóxica 2008 e xa se atopa na axenda de varios festivais de cinema arqueolóxico, españois e europeos.
Unha boa excusa para achegarvos á música de Aira da pedra, que acaban de ultima-la súa páxina web
www.airadapedra.net

1 comentario:

victor manuel dijo...

EN OTROS MOMENTOS ESTOS RAPACES PUDIERON SEGUIR LA SENDA DE LO COMERCIAL , OFERTAS NO FALTARON ,CUANDO PARA MUCHA GENTE LO " FOLK" ERA GUAI . HOY MUCHOS DE AQUELLOS RENIEGAN DE TANTA GAITA Y DE TANTO PASTICHE QUE COMENZABA CON UN DISCO PURISTA Y ACABABA MEZCLANDO SONIDOS DE LA GAITA CON UN PERCUSIONISTA DE BURUNDI QUE ERA ENROLLAO POR QUE SU PRIMO HABIA TOCADO CON BONO EN EL FESTIVAL PRO VIUDAS TRISTES DEL CONDADO DE TERRY.
OTROS MUCHOS SE QUEDARON POR EL CAMINO POR QUE OT Y DEMAS MIERDAS HAN PODRIDO TODO Y LA SGAE ES COMO LOS SINDICATOS PROTEGEN A LOS QUE TRABAJAN.
POR SORTE QUEDA XENTE QUE LONXE DE ESPERAR FACERSE MILLONARIA COA MUSICA SO ESPERA NON ENGANAR AOS AMIGOS QUE E O PRIMEIRO QUE DEBE DE FACERSE.
BOA ELECCION PARA O DOCUMENTAL.COIDO QUE UNHA CERVEXA CAERA A MAIOR GLORIA DA ARQUEOLOXIA , DE AIRA DA PEDRA E DA IRMANDADE GALAICO-BERCIANA