23/4/08

Where the streets have no name


Aparece hoxe en El País (edición Galicia, páxina 12) unha pequena reportaxe de Teresa Cuíñas sobre a exposición Onde as rúas non teñen nome que dende o pasado sábado pode verse na sé da Fundación Terra Termarum de Cuntis (Praza das Árbores). Os que seguides este blog xa sabedes que esa exposición é froito do noso traballo en Etiopía en 2006. Leva rulando polo país dende hai unha tempada, a ver se a colledes nalgún sitio. Por agora descoñecemos o vindeiro destino. O que si sabemos é que, polo momento, é unha boa excusa para visitar Cuntis e, de paso, o castro de Castrolandín. Paga a pena. Palabra de arqueólogo.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/calles/tienen/nombre/
elpepiautgal/20080423elpgal_20/Tes

Foto: Nenos de aldea (da exposición Onde as rúas non teñen nome). Xurxo Ayán.

2 comentarios:

Mediopelo dijo...

Noticias coma esta son as que deberían facer calar aos mangantes na súa torre de marfil.

victor manuel dijo...

moi ben rapaces , ides terminar no musac o no gujenjein carallo.
toda esta marea de exposicions e o primeiro paso pra facervos artistas de pro , especialistas en emparedados e viño de gorra e encontros con conselleiros e demais ralea.
pd. a proxima mellor que sexa de pedras do pais ou gaietiros ,os negros estan ben pero deslucen un pouco.