11/2/08

Galicia Te quiero

No entorno do Pico Sacro contamos con numerosas escenografías post-enxebristas. Velaí un conxunto acuático que vén sendo toda unha reinterpretación do culto ás ninfas. Lavadoiro tradicional deconstruído, culminado cun depósito lanzal e unha rocha-monolito que recolle toda unha declaración de intencións, propia de Ana Kiro ou Pimpinella: Lestedo, Galicia Te Quiero.
Pois iso: Galicia cada día máis linda, Galicia, mellor e mellor.

1 comentario:

Anónimo dijo...

impresionante