Aríbalos
No apartado de produción científica podedes baixarvos xa un artigo noso que sairá publicado en Cuadernos de Estudios Gallegos sobre o anaco de aríbalos documentado na campaña 2007 no Castro Grande de Neixón. Abordamos nel unha reflexión sobre o contexto historiográfico da investigación actual, así como a recepción e impacto mediático do achado, unha reseña do contexto estratigráfico no conxunto do recinto superior do xacemento, así coma unha serie de apuntes sobre o comercio púnico no NW na segunda Idade do Ferro.
Fotografía: detalle do anaco do aríbalos baixo lupa binlocular a 50x (Yolanda Porto Tenreiro)
1 comentario:
Aribalos corazones.
Publicar un comentario