18/1/08

Urban design


Este home do poboado de Manjäre (Metekel, Etiopía occidental) aproveita a estación seca para facer unha nova casa. O bruxo previamente aconsella o mellor lugar para facer bulir os malos espíritos, e se é nun cruce de camiños, poi alí é. Elixido o sitio chántase un pau no que vai se-lo centro da vivenda. Pousáse a rentes de el unha pedra e un anaco de tela. O arquitecto creba o poste central e emprégao para definir o perímetro da casa circular escavando cun pico cavador os buratos dos postes.
Descoñecemos o PXOM de Manjäre.

Fotografía: Xurxo Ayán

1 comentario:

Xosé Manuel Carreira dijo...

Sen dúbida o equivalente do bruxo é un arquitecto ou enxeñeiro consultor. A palabra gurú, tan tribal, sempre me gustou moito.