15/1/08

Con Teais todo dura máis


A terminoloxía arqueolóxica ten un certo aquel bélico e militar. Falamos, por exemplo, de campañas de escavación. Nestes intres estamos nos nosos Laboratorios de inverno, sistematizando, analisando e interpretando eses materiais asoellados no Castro Grande de Neixón. Porque as sorpresas non se dan só no traballo de campo. Velaí unha mostra. Formando parte dos depósitos de cerámica guindados ao tramo de foxo que delimita polo S a entrada SE ao recinto superior do Castro Grande, atopamos cerámica cartaxinesa, xerras profusamente decoradas e... anacos de cerámica castrexa pintada. Algún caso se coñecía xa de antigo, incluso no veciño castro de Alobre (Vilagarcía de Arousa). O interesante do tema é que nos atopamos perante un exemplo máis de reinterpretación castrexa da cultura material alóctona. Unha versión local da cerámica íbero-púnica pintada. Un dato máis para defender Neixón coma un escenario de interación e de construción das identidades na 2ª Idade do Ferro.

Fotografía con lupa binocular a 10 x: Yolanda Porto.

3 comentarios:

busto.agolada dijo...

Ola amigos: hai uns días que dei coon este blog interesantísimo e que versa sobre temas do meu interese e das miñas afceccións. Aquí tedes un devoto e fiel seguidor. Ánimo nesta fermosa empresa. Parece, ás veces que o traballo dos blogs ninguén os segue ni agradece. Pois aí vai o meu agradecemento.
Saúdos desde Agolada (Pontevedra)

Anónimo dijo...

Esta peza cae que nin pintada...
Pinta ben...
Agora no inverno que xa nos quitáramos as pinturas de guerra!!!

El Ayán dijo...

Busto.agolada. Moitas gracias polo teu apoio. Ollei o teu blog. Xente coma ti é aque sostén a dignidade cultural deste país. O post segador é sixelamete marabilloso. A miña mai conserva aínda todo o enxoval de segador (incluída a corna) do meu avó, un deses que cruzaban a pé O Courel ou marchaban a Castela todo o verán.
Parabéns.