Sobre o feísmo (e II)
Pero sexamos realistas...¿Que carallo é iso do feísmo? Porque ata non fai moito coller un somier e uns bloques para facer un galiñeiro era algo ecolóxico, porque estabamos a reciclar. Pero agora non, agora resulta que somos Pepe Gotera e Otilio. Quizais é certo que non temos nin idea de bo gusto nisto da construción... probablemente deberían deixar de botar tanto Luar e tantos cantareiros na Telegaita e poñer máis programas de Brico Manía...
Galicia, o país das chapuciñas. Informe Retranqueiro.
Retranca. Revista mensual de humor galego, 1, novembro de 2007: páx. 3
Fotografía de Xurxo Ayán
2 comentarios:
Tedes unha referencia a vós en www.certo.es, no de Feísmo en Taragoña. Interesantes ideas sobre o feísmo, abofé...
O debate do feísmo é bastante artificial pois é só a parte máis visíbel e superficial, talvez ate a menos importante, dun tema máis serio que é a degradación do territorio como consecuencia do abandono do rural (onde hai desemprego e poucos servizos) e a presión inmobiliaria sobre o litoral (onde está a oportunidade de medrar) .
Os que traballamos no built environment gostamos de facer as cousas ben como calquera outro profesional. A diferenza con épocas pasadas é que a velocidade de transformación do medio grazas ao formigón, ao aceiro e aos prefabricados é moi rápida. Antes calquera obra demoraba unha ou mesmo varias décadas. Hoxe en dous anos pódese transformar unha pequena vila rururbana nunha pequena cidade dormitorio con megaurbanizacións sen haber calquera espazo de tempo para a reflexión, para darse conta de se están quedando ben integradas ou non as urbanizacións, as infraestructuras, etc...
Unha escultura, un museu ou unha praza feos son só sintomas epidérmicos. O verdadeiramente serio é o que acontece baixo a pel, dentro do corpo do doente: a degradación xeralizada do territorio cun problema económico de fondo que é o detonante.
Publicar un comentario