Xornadas Castrexas
A vindeira fin de semana terá lugar a 5ª edición das Xornadas Castrexas organizadas en Cambre polo Concello e mailo Museo do Xacemento romano alí ubicado. Trátase dunha proba máis do bo facer de Ramón Boga, xerente deste centro que leva moitos anos turrando pola divulgación e difusión do coñecemento arqueolóxico e o seu achegamento á sociedade.
O sábado 27, no marco destas Xornadas daránse dúas conferencias:
10:30 Francisco Javier González García (LPP,USC): Eran celtas os castrexos?
12:00: Xurxo M. Ayán Vila (IEGPS, CSIC-XuGa): Todo queda na casa: a vida nas cabanas dos castros.
2 comentarios:
¿Alguen me poderia indicar, xa fora libro, revista ou paxina web onde poderia atopar unha fotografia/debuxo dunha peza tipo Recarea como a que foi atopada neste castro?
Gracias de anteman e seguide co blog que vale a pena
Unha peza "singular" tipo Recarea como as aparecidas no Neixón apareceron en Campa Torres e están publicadas na monografía coordinada por Maya sobre os elementos prerrománs de dito castro.
Publicar un comentario