B.I.C. azul
Como se lembra nunha reportaxe do suplemento Luces de El País de hoxe (A prehistoria da ordenación territorial) no pasado mes de setembro a Concellería de Cultura declaraba iniciados os trámites para outorgar a categoría de Ben de Interese Cultural, a máxima figura de protección cultural do Patrimonio, a 20 castros da xeografía galega. Entre os candidatos a tan meritoria distinción están os Castros de Neixón. Agardemos que sexa un paso máis na protección e potenciación dunha paisaxe cultural na que conflúen moitos intereses.
1 comentario:
paisaxe na que conflúen moitos intereses
especulativos?
urbanisticos?
autovia e beiraruas no castro das barreiras XA!!!!!!
Publicar un comentario