Testaccio
O Testaccio é un outeiro artificial do S da cidade de Roma, formado por toneladas dos anacos das ánforas chegadas á capital do Imperio entre os séculos I-III d. C. Un verquedoiro monumental que comezou a ser estudado a finais do século XIX por eruditos coma o padre L. Bruzza ou H. Dressel, investigadores que sistematizaron os diferentes tipos e ánfora e maila súa cronoloxía. No Castro Grande de Neixón atopamos sobre todo ánforas Haltern 70, procedentes de Andalucía, se ben tamén rexistramos Dressel 2-4, Dressel 20, Lomba do Canho e ánforas tardías palestinianas, entre outras.
Este puzzle de cerámica fornece informacións abraiantes. Por exemplo, sabemos que algunhas delas veñen de Campania, da rexión do Vesubio porque se empregaron como desgraxantes areas volcánicas.
Ecos de cidades perdidas, feitas barro.
3 comentarios:
Ostras!
Naveghando naveghando cheguei a este porto, e atopo a un antigo camarada destripaterróns da mámoa de Granite.
Interesante a bitácora. Moito, de verdade. Hei de postear algo sobre ela. Faime unha visita á miña, se tes tempo. http://www.blogoteca.com/arqueoloxia
Un saúdo de Franjo Padín.
Beber y comer, beber y comer, beber y comer, los veranos de fiestas gastronómicas de Galicia vienen de antiguo, no solamente del mal intento de atraer turismo de zapatilla a nuestra tierra
boh, boh, boh... un sitio cpoma ese haino en buño, concretamente na escombrera de ceramicas el progreso
Publicar un comentario