12/9/07

Empanada mental


1. Hai escasos días a polícia israelí detiña a un grupúsculo de neonazis xudeus de orixe rusa.
2. O historiador Dionisio Pereira e mailo arqueólogo Alfredo González Ruibal foron demandados pola familia do xefe da Falange en Cerdedo nos anos 40, denunciando os seus traballos sobre a represión franquista nesa zona da Terra de Montes.
3. Nos anos 30, antes da guerra, a organización xuvenil Ultreia, liderada polo profesor de Noia Álvaro de las Casas, xa facía gala de brazais co trisquel a xeito de swásticas. Cousas daquel tempo.
4. Atopámonos agora con este lema de Gallaecia aos Galaicos, unha proba máis da mala utilización (manipulación) política do pasado protohistórico do país.
5. O M.R.A. nacionalsocialista non merece nin condenas, nin críticas nin parabéns, o que merece é un sketch dos Tonechos ou unha improvisación do entrañable John Balan.

[Figura tomada de http://www.my-forum.org/descripcion.php?numero=153648&nforo=73809]

1 comentario:

Unknown dijo...

A lei da memoria histórica non é a única lei con "memoria". Pero sobre este outro xeito de entender a memoria existe unha lei de dobre filo que ampara un dereito fundamental (o da honra e a propia imaxe persoal) e que se estipulou con amplia "memoria" para "corta-la língua" de calquer comentario "subido de tono" sobre persoas que viviron no tempo da guerra civil. Unha lei con 25 anos de idade.
O artigo 4 da Lei Orgánica 1/1982 de 5 de maio sobre protección do dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe dispón o seguinte:

1.- O exercicio das acción de protección civil da honra, a intimidade ou a imaxe dunha persoa falecida corresponde a quen ésta designara a tal efecto no seu testamento.
2.- Non existindo designación ou tendo falecido a persoa designada, estarán lexitimados para recabar a protección o cónxuxe, os descendentes, ascendentes e irmáns da persoa afectada que vivisen ó tempo do seu falecemento.
3.- Á falta de todos eles, ó exercicio das accións de protección corresponderá ó Ministerio Fiscal, que poderá actuar de oficio ou a instancia da persoa interesada, sempre que non houberan transcorrido oitenta anos dende o falecemento do afectado".

Que bonita esta lei se se usara por xente de ben para defende-la honra de quen realmente a posuía e non para tentar agochar verdades que ecoan ó longo da nosa terra.

Moito ánimo Alfredo, a túa ética e a túa rigurosidade profesional están para min fora de toda dúbida e de seguro que esta arma cega e en moitos casos malintencionada cederá ante a realidade dos feitos. Unha innegable "exceptio veritatis"