Terra Sigillata
Un fondo dun prato de Terra Sigillata. Catro anacos recollidos no sector 01 en 2004, 2006 e 2007 voltaron xuntarse para reconstruír parte dun cacharro esquencido. As vieiras, se ben eran motivos decorativos que se facían daquela a escala industrial, anticipáronse ao boom xacobeo medieval da ría de Arousa.
1 comentario:
Por cantas mans pasaría no seu longo percorrido dende o val do Najerilla á ribeira da Ría de Arousa? Por qué a razón da súa viaxe? Mercadoría ou agasallo? Resulta incríble pensar que catro anacos de barro traballado conleven un sinfín de preguntas que dan pé a unha viaxe imaxinativa a través do tempo.
Publicar un comentario