1/8/07

Muiñada


Velaí os tedes, coma namorados adolescentes nunha alameda: unha meta de muíño circular e, ao carón, fachendoso, un muíño barquiforme, dado a volta. O amor traspasa as fronteiras infindas do tempo. Os muíños circulares foron introducidos pola romanización, senón antes (posible influencia cartaxinesa), mentres que os naviformes veñen xa da lonxanía do Neolítico. Os procesos postdeposicionais (verba que encandila aos arqueólogos) fixeron que se coñecesen no sector 01 da escavación do Castro Grande de Neixón.
Unha noite no muíño, unha noite non é nada...

No hay comentarios: