1/8/07

Muíñada (2)


Para saber como se utilizaban eses muíños barquiformes, cómpre ir, por exemplo, a Etiopía occidental. Esta muller gumuz de Metekel moe gran de sorgo, iniciando o camiño da elaboración do pan, base da subsistencia da familia. As mulleres dos castros moían millo miúdo, centeo, trigo e landras nestas pedras que conservan a súa cara pulida, recordando que tiveron vida no seu día.
Durmindo nunha cabana de Bowla Dibas'i un non esquece o ruído mecánico, constante e sempiterno da man de moer, batendo no muíño, apreixada pola muller da casa, hora tras hora, día e noite.
Arqueoloxía viva.

No hay comentarios: