7/8/07

Channel nº 5


Este minúsculo anaco, documentado no nivel prerromano do recinto superior do Castro Grande a semana pasada, pode identificarse coma un fragmento dun aryballos ou amphoriskos, realizado en pasta vítrea sobre un núcleo de area ou arxila. A peza pode encadrarse entre os séculos V-III a. C. e chegaría ao NW como consecuencia do primeiro grande episodio comercial entre pobos mediterráneos e mailas comunidades castrexas, acompañando a outro tipo de materiais como ánforas (Mañá-Pascual A4), plratos de bordo pintado ou askós, tamén documentados no Castro Grande de Neixón.
Este anaco é a cuarta peza destas características aparecida no NW hispánico despois das de Cale (Morro da Sé, en Porto), Castro das Ermidas (Vila Nova de Familiçao) e, o xa mítico “aryballos fenicio” aparecido no Castro de Neixón Pequeno nos anos 70, hoxe en paradoiro descoñecido.
Estamos perante un ben de prestixio por unha doble razón; por unha banda, o exotismo (materia prima e acabado) da propia peza, feito que xa de por si resultaría de sumo valor para as elites castrexas e, por outra banda, o seu contido, aceites ou esencias empregados para unxi-lo corpo en baños ou rituais.
A aparición dun contedor realizado en pasta vítrea por artesáns mediterráneos extra-peninsulares (pode proceder de obradoiros cartaxineses ou tratarse de pezas de orixe grega comercializadas por elementos púnicos) pon de maniiesto a importancia de extensas redes de intercambio que continúan unha longa tradición de contactos interrexionais entre o Mediterráneo e mailo NW peninsular iniciada xa na Idade do Bronce, redes polas que ademais de obxectos circularían ideas que paseniñamente serán asumidas polas elites locais controladoras deses intercambios.
Ademais das pezas documentadas no NW, existen paralelos en toda a Península de pezas semellantes cunha ampla cronoloxía que arrinca no século VI a.C. e chega ao século II a.C.; así podemos cita-los exemplos de Morro de Mezquitilla, Ibiza, a necrópole de El Cigarralejo (Murcia), Cerro da Rocha Branca (Silves, Portugal), Gaio (Silves, Portugal), Alcácer do Sal ou o Crasto de Tavarede (Figueira da Foz).

Rafael Mª. Rodríguez Martínez (Arqueólogo da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, técnico do equipo arqueolóxico do proxecto de Os Castros de Neixón).

5 comentarios:

gg dijo...

Qué auténtica flipada!!!!
Queremos el Aríbalos entero!!!

becken dijo...

Vale calvo vale

Anónimo dijo...

Nunca un "anaco" da Historia dos nosos antergos deu tanto que escribir, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El Faro de Vigo, Diario de Arousa, El País, etc, etc.
Eso sí que é unha campaña mediática!

presi dijo...

Engado aos medios de comunicación anteriores:
El Correo de Zamora
El Progreso
Xornal.com
laopinioncoruña.es
arqueologia.noticia.es
Diario de Mallorca
Axencia Galega de Noticias
etc......

Anónimo dijo...

conaaa.. e igual co diseño do rodapies da miña casa