New Archaeology
Esta rapaza é filla de emigrantes galegos a New York. Cada verán volta coa familia á súa aldea. En 2003 achegouse canda súa nai até o Castro Grande. A día de hoxe distingue cerámica púnica da cerámica castrexa. O ano pasado tiña dúbidas sobre o que quere ser de maior. Plantexaba tres opcións: panadeira, avogada ou arqueóloga. Non sei que acabará sendo. O único que sei e que dá sentido ao que facemos. Con ela voltamos a ser aqueles pequenos que devecían por escarabellar na terra e asoellar cousas da xente de antes.
1 comentario:
O valor real da xente que escava no neixón é que o mesmo que foron quen de despertar na rapaza despertano en casi cuarentons que se criaron co " Jabato " sen case saber o que tiñamos o redor de nos.
Publicar un comentario