4/3/12

Laboratorio


Si Uds. dijeran: “Ahora hablaremos de Prehistoria”, yo, con sólo escuchar estas palabras, me mareo. Y me mareo porque cuando ustedes dicen eso todos entramos en un terreno incontrolable. No sólo yo voy vendido, sino que también lo están Uds.. En este terreno mi ignorancia alcanza, como mínimo en proporción geométrica, a su impunidad, a su imaginación, a su fantasía. No hay nada seguro en este terreno, todo es posible. Uds. No pueden explicar toda una civilización haciendo cuatro juegos malabares con cuatro platos, ollas o hachas. Y yo, pobre de mí, no puedo explicarles lo que pasó ayer en la esquina de mi calle porque no tengo ni platos ni ollas ni hachas.
Josep Pla, Diari La Publicitat (7 de noviembre de 1923)

Como dicía, en 1987 decidín ser arqueólogo de maior. Entusiasmado, reutilicei dúas esquencidas papeletas laranxas para votar os candidatos a senadores nas eleccións xerais. Nunha delas, no reverso, debuxei o mapa da Hispania romana coas súas provincias, co limes da Gallaecia en amarelo fosforito, mentres que a outra folla acabou pegada con celofán na porta da miña habitación cunha mensaxe que condensaba toda unha ilusión infantil: Laboratorio de Arqueoloxía. Esta imaxinaria institución trouxo como resultado dúas caixas con cerámicas recollidas en superficie en diversos xacementos do NW e un cartafol con recurtes de prensa das intervencións arqueolóxicas que se desenvoltaban na Galicia de 1987-1989. Tiven que agardar a 1997 para entrar en contacto cun Laboratorio de Arqueoloxía de verdade.

No hay comentarios: