14/3/12

Alén da Arqueoloxía Pública


Os comentarios ao anterior post falan por si mesmos. Efectivamente a xestión do caso da Punta do Cociñadoiro é un magnífico exemplo do medo á transparencia de grande parte da Arqueoloxía galega, como xa apuntamos no seu día en arqueoneixon. Escavacións pechadas a cal e canto tanto a especialistas, como afeccionados ou ao público en xeral. Este control enfermizo da información é unha actitude que se fai extensible á Administración, a parte da Academia máis tradicional, e caracteriza, pola súa vez, a empresas arqueolóxicas galegas, até chegar a extremos patéticos e surrealistas. O exemplo do CAB de Neixón é soberbio neste sentido. Neste punto, estamos perante unha derivación do tío de la vara. No meu caso, teño explicado a intervención arqueolóxica de turno a todo o mundo, prestado información e facilitado o estudo de datos e materiais. Lamentablemente, cando procurei a mesma reacción con algúns destes colegas, bos e e xenerosos, só atopei negativas taxantes, hermetismo e trabas para consultar materiais, fotografías ou o que fose. Por iso afirmaba na miña crónica dos encontros do Barbanza, que a conferencia de Rafael Rodríguez foi maxistral, falando honestamente desta realidade e reivindicando un troco de actitude. O seu proxecto de A Lanzada foi modélico neste sentido, e afirmo isto con coñecemento de causa porque eu fun o responsable de comunicación desa intervención.

http://digital.csic.es/bitstream/10261/34401/1/2011_VIII%20Seminari_AyanEtalii_Mas%20alla_COMUNICACION.pdf

3 comentarios:

Nemigo dijo...

¿Se no seu día se soubese o que había e se estaba a atopar en Punta Langosteira... tería sido esnaquizado o castro?

Sempre teremos a dúbida. A día de hoxe tampouco sabemos o que alí se atopou... No mundo das telecomunicacións e internet non son quen de tirar unhas fotos e facelas públicas nunha páxina. E se alguén pensa que non é factible facer publicidade. Lembrarlle que ata non vai moito a "autoridade portuaria" facía excursións pra ver as obras do porto exterior... non se sabe que se pode ver nunha explanada pero alí levaban xente

Pablo Santiago dijo...

O mesmo que está a pasar no castro de Taramancos. Levan meses con el escavado, xa retiraron estruturas e todo e todo calado. Nin chío. Dá arrepío ver nas mans de quen estamos. Do mesmo xeito que fan co patrimonio -que non fala- poden acabar facéndoo con nós -se estamos calados e non dicimos nada-. Ou xa o fan?

Anónimo dijo...

Tranquilos que faltan 16 días para que entre en vías de solución este problema :-)

mirade Tuderechoasaber

España é o único país de máis de 1 millón de habitantes en Europa sen esa lei. Porque será?