13/12/11

A Cidade da Cultura




Temos estado moitas veces na citania de Briteiros, berce da arqueoloxía sobre a Idade do Ferro do NW, un santuario para todas aquelas persoas enfeitizadas polo mundo dos castros. Pero poucas veces desfrutamos do sitio aqueolóxico coma esa mañanciña outoniza coa néboa agarimando as casarellas de Briteiros. Coma nun videoclip, un maxina por que Martins Sarmento quedou prendado do lugar e procurou alí, coma un Schliemann galaico, a súa particular Troia. Fixemos a visita cunha persoa con problemas serios de pulmón, que non adoita subir a un castro, como é lóxico. A nosa sopresa foi tal que este amigo percorreu sen cansanzo algunhas das avenidas da Cidade, abraiándose do excelente traballo dos antergos que facían canalizacións, ordeaban o espazo como arquitectos, e mantiñan a cota como ten que ser. Ou é que o nivel só e dos romanos?
A Citania de Briteiros é a nosa verdadeira Cidade da Cultura.