17/11/11

Conferencia


O catedrático de Arqueoloxía da Universidade da República de Uruguai, José López Mazz, impartirá unha conferencia o vindeiro luns na Facultade de Historia de Santiago de Compostela, ás 19.00 do serán, titulada: Arqueología de la violencia en América Latina, desde la Prehistoria hasta nuestros días . Este arqueólogo dirixe nos últimos anos un proxecto de recuperación dos corpos e represaliados pola ditadura militar uruguaia. Estes asasinos coidáronse moi ben de non deixar pegadas, apostando pola invisibilización dos restos, mediante o emprego de cal, o recheo intencional e ocultación das foxas. O pasado 22 de outubro, o equipo dirixido por López Mazz, topou cos restos óseos dun represaliado no batallón 14 de infantería do exército uruguaio, no departamento de Canelones, 45 km ao norde de Montevideo.
http://es-us.noticias.yahoo.com/hallazgo-huesos-alienta-b%C3%BAsqueda-desaparecidos-dictadura-uruguay-191434843.html