19/8/11

Un buzo imperial


O Poder crea auténticos seres que devalan entre o gore, o kistch e o patético. Velaquí tedes a Putin, o ex da KGB, reconvertido en arqueólogo acuático polo destino. A sorte puxo nas súas mans dúas ánforas, agochadas no Mar Negro durante séculos, até que o novo zar, intuitivo e xenial, deu casualmente con elas. Este buzo imperial é o protagonista dunha manobra de exaltación do Poder chabacana a máis non poder, pero evidencia un fenómeno que cada vez se dá máis: o apego dos poderosos polas pezas antigas, polo mundo clásico. No Museo Nacional de Bulgaria abriuse unha exposición sobre tesouros tracios grazas a un dos meirandes mafiosos do país, que leva unha longa traxectoria de furtivo destruíndo o Patrimonio arqueolóxico nacional. Pola contra, a exposición está presidida por un grande cartel no que se lle dá as gracias a este prócer da Patria por permitir que o público búlgaro poida desfrutar da súa colección privada.

4 comentarios:

Andrés López dijo...

Así llas poñían a Franco (as truchas e salmóns) e logo a Fraga (os corzos, cervos e disque en África outras pezas de caza maior). Chabacano é un cualificativo ben suave, señor Ayán.

soneira stan by dijo...

pois amin quen che medera

Nemigo dijo...

así mesmo lle fan ao rei da españa que lle poñen osos de feira borrachos pra que os mate... mitrofan for ever!

vis pacem... dijo...

La exhibicion :"THRACE AND THE ANCIENT WORLD " (http://www.historymuseum.org/page.php?key=exhibitions)
El "curador": VASIL BOZHKOV (AKA "the Skull") :http://www.reportingproject.net/gamble/index.php?option=com_content&view=article&id=35:who-are-these-guys&catid=9:news

y hay mucho mas!