26/8/11

A derrota


O traballo de recuperación da memoria histórica coordenado dende 2008 polos investigadores neixonenses Pedro Fermín Maguire e Manoel Antonio Franco Fernández permitiu achegarnos ao entramado carcerario franquista na guerra civil. Velaquí está unha fotografía do arquivo familiar de Manuel Lustres (Benivás, Cespón). No reverso podemos ler: La Guardia del campo de Rianjo frente al chalé Baltar. Trala derrota veu a represión. Os ex-soldados republicanos da Fronte Norte eran clasificados e identificados como paso previo á súa condea, que podía ser o paredón, os campos de redencións de penas, o cárcere ou a depuración administrativa. Moitos iniciaban un periplo coñecido como turismo concentracionario, como ben está a estudar Pedro Fermín.
Pero antes das represión, estes homes viviran dous tempos moi diferentes: a loita e a derrota. A esa época retrocederemos no marco do proxecto Ruin of Memories da man de Alfredo Gonzñlez Ruibal (Incipit, CSIC) a partir do 5 de setembro vindeiro. En vez de turismo concentracionario imos facer turismo da Arqueoloxía da guerra civil. E para iso iremos ás estribacións dos Picos de Europa, ao Porto de San Isidro.

1 comentario:

Carlos dijo...

Fiate,fiate ...