11/8/11

Plan E



A Cova da Moura en Argalo (Noia) ofrece outro espectáculo nestes tempos de crise. Para combater o modelo produtivo do ladrillazo o Plan E bota man da construción en áreas arqueolóxicas. Máis de 130.000 euros para acondicionar a contorna do dolmen. Claro, o que teñen que saber vostedes é aquela lei de Murphy que di que onde hai unha necrópole megalítica hai un campo de fútbol e un camposanto novo. E este é o caso. Empregando como excusa o vello dolmen, aproveitamos para asfaltar, cementar, facer un parque innecesario con lonxanas referencias arqueolóxicas (esas vivendas circulares castrexas) e así todos contentos, as construtoras, os veciños e o concello. Así se xestiona o Patrimonio arqueolóxico en tempos de crise.

3 comentarios:

jmillares dijo...

Contentos, o que se di contentos non é que estean os veciños. Admirados é o que estamos.
Pregunte vostede polo prezo dos loureiros valencianos empregados a xeito de sebe, e non deixará de admirarse tamén. Ademais, axudaralle a comprender a broma dos 130.000 euros.

El Ayán dijo...

Gracias polo apunte, ía con segundas, habería que preguntarlle aos veciños dos sitios no que inviste a Administración, sempre á marxe das comunidades locais. En Galicia dáse un exemplo magnífico dun apartheid patrimonial, no que interes máis o castrexo e o neolítico de hai miles de anos cás persoas que viven nas áreas arqueolóxicas.

jmillares dijo...

As comunidades locais moitas veces son coma para botar a correr. Estou pensando na CMVMC da zona, e case mellor que non lle consulten nada. Neste caso os aborixes deberíamos facer algo de autocrítica.
Por certo, na cova da moura dase outro proceso de patrimonialización fomentado neste caso polo Plan E: o lugar convertiuse nun botellódromo. Que non se diga que os veciños non se beneficiaron da inversión!
P.D. A 100 metros do dolmen está o castro de Sobreviñas. Será por riquezas arqueolóxicas!