Chevaux de frise
Ao castro de Baroña non lle faltaban defensas, precisamente. A súa escenografía, a súa poliercética, as súas murallas e foxos vénse complementadas pola súbita aparición nestes meses estivais dun recurso defensivo caracterítico do SE galaico: as pedras fincadas ou chevaux-de frise. Aos visitantes de Baroña, deulles a nacida (xa o ano pasado acontecía) de facer estes milladoiros espontáneos con coios da praia, mais tamén no interior do propio castro con cachote desprendido dos muros. Isto é o que os arqueólogos pedantes coma nós chamamos procesos de patrimonialización. Para outros é arte efémera. Para outros un patético caso de contaxio dos rituais estúpidos levados a cabo por peregrinos que leron demasiado a Paulo Coelho. Sexa como for mañá ímonos divertir no castro de Baroña vendo as reaccións do público asistente ás X Xornadas de Historia e Cultura, entre os cales haberá arqueólogos e arqueólogas de todas as castes e liñaxes.
1 comentario:
Segundo nos contou Anxo Concheiro Coello, esta é unha moda importada dun estado ianqui e da terra dos koalas.
O peor de todo non é que usen pedras caídas dos muros das vivendas, se non que as arranquen literalmente, como puidemos comprobar insitu na visita guiada de hoxe.
Publicar un comentario