10/8/11

Arqueoloxía de verdade






Sábado á tardiña no castro da Mesa de Miranda en Chamartín de la Sierra (Ávila). Os organizadores do Congreso de Arqueología acadan plenamente a implicación da comunidade local. Duascentas persoas achegáronse ao xacemento para escoitar aos arqueólogos e participar nas actividades noitaregas no castro (escenificacións, cea vettona, etc...). Houbo intres máxicos. Perto do solpor, baixo unha enciñeira, escoitabamos o bruar do aire, os balidos das vacas alá no fondo, na vella estancia gandeira de Mesa de Miranda, hoxe abandoada. A paisaxe. A xente. Juan Pablo López nun discurso maxistral, emotivo e suxerente, explicábanos o achádego do castro, nos anos 30, polo veterinario Antonio Molinero, e as primeiras achegas doutro personaxe mítico da Arqueoloxía española: Juan Cabré. Estes arqueólogos do proxecto da Mesa de Miranda fan Arqueoloxía da boa, da verdade, científica, social, aberta a todos. Con xente así aínda queda esperanza.

1 comentario:

Carlos dijo...

Vaia par de verracos....;-)

(asi me kusta Kofi , achejandonos ó blanco)