Castros do interior
A Universidade de Vigo organiza a vindeira semana en Xinzo de Limia o curso de extensión universitaria Castros do interior no que se presentarán notables novidades arqueolóxicas sobre a Idade do Ferro e a romanización do NW. Alí estaremos para aprender dos e das colegas. Transmitirémosvos en tempo real impresións e comentarios sobre as ponencias. A todo isto, o LAUV segue na avangarda da divulgación e comunicación da Arqueoloxía galega; as ponencias serán gravadas en vídeo e penduradas da Rede para o acceso público. Parabéns novamente pola iniciativa.
1 comentario:
E máis unha vez gracias polas boas verbas Xurxo, mirámonos en Xinzo entón.
Martín X.
Publicar un comentario