Guinea 1913
Voltemos ao exemplo da casa colonial da explotación de cacao que puxemos o outro día. Velaquí tedes a foto de 1936 e o estado actual da vivenda, ocupada por familias da zona. A casa é toda unha escenografía arquitectónica modernista que materializa a visión da burguesía urbana española coas súas vilas de campo, grandes balconadas e escalinatas señorais. Pero a casa non é nada sen o seu contexto, sen os galpóns anexos nos que malvivían os obreiros nixerianos e bubis semiescravizados para producir cacao adicado á exportación a Europa. Moitos patios españois son hoxe ruína arqueolóxica, mentres doutros só queda o nome mentres o solar desapareceu comesto pola selva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario