31/5/11

Falan os cidadáns


Imos ir debullando as opinións verquidas na Voz de Galicia edición Barbanza contestando á pregunta ¿Cómo cree que se podría potenciar el castro de Neixón, después de haber sido declarado BIC?.

María Barreiro de Porto do Son:
Tenemos dos importantes yacimientos en la comarca y debería trabajarse en red para potenciar la realización de visitas a ambos. En el caso de Neixón, las visitas guiadas son imprescindibles, pero hay que amenizarlas con algo, que la gente pueda ver, aunque sea a modo de reproducción, algo que complemente lo que es el yacimiento realmente. Para todo esto hace falta dinero y estas no son buenas épocas, pero muchos sectores, como hostelería e, incluso comercio, pueden verse beneficiados. La empresa privada debe intervenir.

O proxecto arqueolóxico de Neixón entre 2002-2008 contribuiu á consolidación dos castros como referente identitario, como o amosa a creación da Asociación de Veciños Neixón de Cespón en 2007. Pola súa vez, creou as condicións precisas para a aparición de negocios na contorna coma o hostal de turismo rural Neixón. Neste senso, María Barreiro ten toda a razón. O que xa é máis debatible é esa necesidade de grandes investimentos para a posta en valor da área arqueolóxica de Neixón. Durante seis anos, a nosa escavación aberta a todos incluía a realización de visitas guiadas completas aos xacementos cun custe cero. Os visitantes coñecían de primeira man os resultados da intervención, podían tocar o pasado e comprender un sitio tan complexo como Neixón. A maiores, contamos con dous libros e unha longametraxe documental. Hai recursos dabondo para ao visitante. A traxedia da área de Neixón é a falla de formación dos encargados do CAB e a desconexión absoluta existente entre a Aula Didáctica e a área arqueolóxica de Neixón. Pola súa vez, o boicot continuado cara ás nosas investigacións por parte de Barbeito impide que ao cidadán lle chegue información actualizada sobre os xacementos. Se ollades os carteis veredes que se recollen ideas obsoletas de hai moitos anos. Noutro tema ten razón María, na inexistencia dunha rede comarcal, cada quen fai a guerra pola súa conta: arqueódromo de Ribeira, centro de interpretación de Baroña en Porto do Son, Cab, etc...

Figura: reconstrucción hipotética do sector 01 do Castro Grande de Neixón no século I d. C. Acuarela de Antonio Ayán.
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/05/19/01121305835605058829758.htm

No hay comentarios: