O Castro da Torre
O Castro da Torre en Sobredo do Courel é unha auténtica animalada. Nesta panorámica podedes ver, alá ao fondo á dereita, o corte brutal do foxo deste poboado. Dado a coñecer polo equipo de Luzón en 1980, con planimetria de Sánchez-Palencia, o artífice da súa recuperación foi Antonio Álvarez, practicante na Pobra de Brollón e arqueólogo vencellado para sempre á arte rupestre de Campolameiro. As escavacións por el dirixidas na década de 1990 amosaron a monumentalidade dun poboado cun plantexamento urbanístico que se poñía en relación coa enxeñería militar romana, con praza empedrada, alxibe e torreón incluídos. Así e todo, o nivel de ocupación principal dátase entre os séculos II-IV da nosa era, é dicir, cando supostamente se abandonan xa as minas de ouro do Courel (século II). Todo un misterio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario