9/12/10

Sociedade contra o Estado







Hixiene, sanidade, civilización dos costumes... o Estado procura marxinalizar este tipo de práticas que se escapan á fiscalidade. Xa aconteceu coa augardente, esa economía simbólica sumerxida que levou a agochar alambiques, a pechar portas, a mobilizar un sistema de alarmas semellante ao da francesada, En vez dos húsares agora o perigo está nos inspectores da Xunta que se cheiran a dous kilómetros de distancia. Isto é o que Pierre Clastres chamaba unha sociedade contra o Estado. A matanza, nestes tempos do politicamente correcto, é un acto de rebeldía, unha forma anarquista de estar no mundo. Mentres outros se entregan ao ciberpunk aquí temos a galegos e galegas loitando cada ano por manter esta eterna Wikipigs.

No hay comentarios: