28/12/10

Madeira





Un paradiso para vulcanólogos, edafólogos, xeológos, botánicos... a illa de Madeira que agroma do Atlántico coma unha zarrota de basalto e cinza. Hai máis de cinco millóns de anos formouse o arquipélago de Macaronesia, integrado (ou desintegrado) por Madeira, Açores, Canarias e Cabo Verde. Lusofonía volcánica, espazo natural onde reina a laurissilva, o loureiro e a floresta. Unha selva virxe, as Illas Púrpuras das que falaba Plinio o Vello. Refuxio de lagartos prehistóricos do tempo de Adán e Eva. A lava petrificada nos cantís debruzados sobre o Océano.

No hay comentarios: