Nova publicación
Acaba de publicarse unha nova monografía da serie CAPA editada polo noso Laboratorio de Patrimonio: As paisaxes culturais de montaña en Galicia: coñecemento e xestión en parques eólicos. A nosa compañeira Elena Cabrejas presenta neste libro unha síntese dos traballos de Correción de Impacto Arqueolóxico en proxectos de construción de Parques Eólicos, realizados dende o ano 1996 polo reconvertido grupo de investigación que deu lugar ao actual Laboratorio de Patrimonio. Este traballo ten coma orixe o Traballo de Investigación de Terceiro Ciclo presentado pola autora no ano 2002, retomado e actualizado máis tarde até abarcar os primeiros meses do 2008 con novos proxectos e recentes conclusións. Deste documento poderá extraerse unha boa perspectiva das paisaxes culturais de montaña en Galicia, dos elementos patrimoniais que as configuran e de como se compatibiliza ou establece a súa relación co desenvolvemento das novas infraestruturas.
Tedes o PDF aquí:
http://digital.csic.es/bitstream/10261/28569/1/2010_CAPA_Cabrejas_As%20paisaxes%20culturais.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario