Arte rupestre e Turismo
O xoves e venres pasado estivemos nas I Xornadas de Arte Rupestre e Turismo de Pontevedra organizadas por Terras de Pontevedra. Entre as ponencias destacou a de Buenaventura Aparicio, mestre xubilado e doutor en Historia cunha tese sobre o folklore dos xacementos arqueolóxicos galegos. Vencellado ao Museo de Pontevedra, forma parte do proxecto noso d’A Lanzada. Este home falounos da festa de exaltación da arte rupestre que levaron a cabo en xullo en Tourón (Pontecaldelas), e na que colaboraron no plano didáctico compañeiros nosos do LAPA. Un bo exemplo do que se pode facer cunha comunidade local marxinada totalmente do proxecto oficial de Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre. E aquí está o cerne da cuestión. En xornadas coma éstas, os supostos expertos (arqueólogos de museo, consultores privados e xestores de parques e equipamentos culturais) son os que desbarallan sobre turismo sen ter en conta os turistas, os cidadáns e as demandas reais no tocante á xestión e desfrute do Patrimonio arqueolóxico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario