Adopta un monumento
Semella que chegan novos tempos para o labirinto de Mogor. Un burato anticipa a creación dun pequeno centro receptor de visitantes. As obras en curso parece que se contaxian da moda do 1% cultural ou do Plan E. Unha nova oportunidade para implicar a unha comunidade local que non semella moi identificada cos seus petróglifos nin coas obras de acondicionamento. Poucos sitios hai en Galicia que se presten tan ben para desenvoltar, por exemplo, a iniciativa británica de Adopta un Monumento, unha alternativa aos sempiternos proxectos desenvoltos dende arriba que rematan en asépticas pasarelas e inútiles despliegues sinalécticos ás máis das veces. Esta estratexia de adopción garante a proxeción social do sitio e maila súa xestión e mantemento. Asemade canaliza as angueiras de cidadáns amadores da Arqueoloxía e do SEU Patrimonio. Por que non iniciativas deste estilo en Galicia? Os cidadáns non son competentes para asumir competencias e responsabilidades, para protexer o Patrimonio e promocionar o Turismo Cultural? Quizais manexamos modelos de xestión do Patrimonio máis rupestres ca os propios gravados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario