21/9/10

Como maxinamos o pasado?





Durante a gravación onte pola tarde fomos testemuñas directas desta confluencia de imaxinación arqueolóxica, debates científicos, desta dicotomía Arqueoloxía científica-sociedade. Un alcalde e un concelleiro defendendo as teses anticeltistas, baseándose no que hai publicado en Youtube. Figurantes actuando seguindo o que eles pensan que debía de ser o comportamento castrexo. A imaxinación materializada. No congreso da EAA do que xa vos falamos, houbo unha sesión organizada polo noso colega Dragos Gheorghiu titulada: How we imagine the past? On metaphorical thought, experientiality and imagination in archaeology. A partir dela estamos elaborando o traballo Imagine all the (past) people: experientiality and imagination in the Iron Age Archaeology of Galicia (Spain) O poboado recreado de Punta Couso é un excelente exemplo a este respecto.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Mmmmm, como sempre, imaxinando as vivendas castrexas con portas con marqueado de pedra, vaia....tamén, que a caza dun xabarín sexa toda unha festa cando debía de ser algo tan común como matar unha formiga. E as roupas, os peiteados ou as barbas?, por que tan salvaxes?. E outras moitas cousas, o chan non podía ser de empedrado, ou con cunchas?. O malo son as iconografías celtas, con trisqueles e outros adornos, ja, me parto y me mondo. O mais acertado que podemos supoñer a estas xentes a día de hoxe está nas tribos do Amazonas ou Papúa.

Anónimo dijo...

Pobre, moi pobre.

Anónimo dijo...

"O malo son as iconografías celtas, con trisqueles e outros adornos, ja, me parto y me mondo."

Oe, ti nom es de por aquí, verdá?
Que si que es... pois vai ós museus galegos e alfabetiza-te um pouco.

oubenado nos meus lindes dijo...

home o das barbas ten o seu aquel , eu levome rasurando dende os 16 anos, e si con maquiñillas eleutricas e de geles varios con extratos de cocochas y finas hierbas me resulta un coñazo imaxina o que tiña que ser barbearte naquela epoca e con que instrumentos... e o tempo que levaria, o rapalo pelo, esa xa e outra, que tamen o facian cas bestas e o instrumental vale tanto paunha cousa coma pa outra

Anónimo dijo...

pufffff..... a este paso, seguro que melhor que o futuro!!!....

a verdá, e que sempre que penso no pasado, vexo imaxes de "Asterix e Obelix", pero con moito cheiro a fume, e con menos amistades que agora, pero con moito máis respeto.
os rapasinhos xogharían as peghas en ves de a play, pero seghuro que serían máis felises, e o xabarín comeriano, nn o verían na ghalhegha xD
a comida saberáía toda ighual, ou moi paresida....
tame penso na música nos entierros e en selebrasions sociais, suponho que pouca música se faría fora destos eventos.....

esta opinión non creo que vala moito, pois son un rapas de 18 anos e xa nasin co ordenador debaixo do braso xD

unha aperta!