Limpeza histórica
Hoxe na Voz de Galicia edición Barbanza falásenos, nun ton encomiástico e apoloxético da limpeza histórica (sic) acometida na necrópole megalítica da Serra de Barbanza baixo a dirección de Víctor Barbeito Pose, arqueólogo do CAB coa axuda dos Amigos do CAB.
Dende 2003 a roza e limpeza dos castros de Neixón sempre foi unha loita co concello de Boiro, que demoraba o seu compromiso ano a ano. Aínda recordamos como algún ano o primeiro traballo cos voluntarios do campo de traballo internacional consistiu na roza do Castro Grande de Neixón, algo que tiña que facer o Concello como todo o mundo sabe. Algún outro ano a roza comezaba tres días antes da Romaría. Pero nunca pasou como neste ano 2010 onde os castros de Neixón amosaban unha imaxe selvática o día da Romaría. Isto si que é histórico. O que é surrealista é que o persoal do CAB, que debe xestionar os castros de Neixón, teña así estes xacementos e se embarque na limpeza e acondicionamento doutras áreas arqueolóxicas. Un despropósito máis, pero que se queda en nada se temos en conta a destrución provocada pola ampliación do CAB, unha acción da que falaremos aquí en breve con novos datos que amosan a ilegalidade desta brutal actuación.
4 comentarios:
limpar si que os habia que limpar a eles empesando polo que deixan sempre co cu o aire osease ó filósofo,e mais os dous insignes fasedores de incultura do concello de Boiro Epi e Blas tamen coñecidos por Ares e D.Gerardo.Olvidavaseme meter no mesmo saco o Zahí Havás do CAB,ínclito científico descubridor de crlomches(bueno eso é o que di el).E o milloriño de todo e o dos amigos do CAB do que o único que se sabe polos alrededores é o nome do "presidente" . Querido Conde , se anda por ahi , vostede que se relasiona cos jrandes prebostes deste pais a ver si nos pode achejar aljo mais desta asosiasión que con tanto misterio(cona , volvesenos a colar o noso Iker Jimenez)mais parese unha secta.
Non é certo que sexa unha limpeza histórica porque xa a finais dos anos 80 a Cruz Vermella de Boiro estivo limpando a grande parte dos túmulos do Barbanza cun campamento de rapaces, E dou fé porque participei durante 4 fins de semana consecutivos.
O que realmente fixeron foi pasar a maquinaria dos da forestal ( !o que tiveron que traballar os amijos do cab) i acabouse o conto.
Sejuro oh!
Fixoo seica con permiso de Patrimonio (categoría proxecto de investigación e aval daljún cátedro)
Menudo curriculum vitae...
Publicar un comentario