Sin of seduction
Pola nosa banda seguimos debullando o pasado recente n'A Lanzada.
A limpeza que estamos a levar a cabo fornece evidencias de sumo interese da reutilización da zona en época recente, cultura material industrial e postindustrial, destacando botellas de viño de Barrantes, bolsas de pipas Facundo e de gominolas varias, plantillas para os pés, zapatillas deportivas, restos de antenas parabólicas Televés, bases de cemento do valado das escavacións dos anos 70, unha carteira presumiblemente roubada en 2005 que aínda gardaba no interior un conversor de pesetas a euros, un bote cheo de funxicida de aplicación vaxinal, coa mesma composición química que se emprega en restauración, e unha enigmática bolsa que reza: New Epoch, sin of seduction.
En http://alanzada.wordpress.com/
1 comentario:
Creo que uno de los zapatos es de mi número. ¿Me lo puedo quedar?
DDD
Publicar un comentario