3/4/10

Neixón: città aperta


O alcalde de Boiro Xosé Deira, o tunante-alcalde Juan Jesús Ares, o concelleiro de Cultura Xerardo Piñeiro e o suposto técnico arqueólogo do Centro Arqueolóxico de Barbanza Víctor Barbeito son os responsables da destrución do campo da festa no que se levaba a cabo a Romaría de Neixón dende 1978, un evento que forma parte esencial dese Patrimonio inmaterial e intanxible que é a Punta de Neixón. Non se pode ser máis inepto. Pero claro, son os mesmos responsables de que se faga unha gabia a dous metros do altar da Romaría, de que se cancele o campo de traballo de Neixón (2003-2008) e de que se conceda a explotación do bar O'Parapeto do Centro Arqueolóxico a un traficante de drogas. Estes señores son os que saben o que Neixón necesita, o que a comunidade local ten que facer nos castros de Neixón. Os seus nomes irán vencellados para sempre á páxina máis negra da historia deste recanto da ría de Arousa. Parabéns e noraboa.

5 comentarios:

edu wan dijo...

Tristísimo, han puesto la guinda a ese pastel que han horneado todo este tiempo, solo les queda hacer unos chaléts dentro del castro...

Lo del foso unos fenómenos, están un mes excavando un basurero a pico y pala y se cargan con las máquinas un foso...

Sin comentarios, las fotos hablan por si mismas

sito miñanco dijo...

ke mala leche botarlle a kulpa ó filosofo a Jenjis Can e mailo consejal dos vikingos dunha atuasion dos corpos de sejuridade na busqueda de alijos de colacao,,,,,

Neixonator dijo...

O alcalde de Boiro Xosé Deira, o tunante-alcalde Juan Jesús Ares, o concelleiro de Cultura Xerardo Piñeiro e o suposto técnico arqueólogo do Centro Arqueolóxico de Barbanza Víctor Barbeito son os responsables da destrucción dun tramo enteiro dun foxo vencellado ao sistema defensivo dos castros de Neixón, que foi destruído con pá mecánica como se pode apreciar nos senllos perfís estratigráficos, tapados tencionadamente con plásticos negros...

Home, Xurxo, A Fiscalía está para algo e se tes probas tan "gráficas" anímote a que presentes a correspondente denuncia ó fiscal D. Antonio Roma. Apoios non che van faltar, asegúrocho (o Victor coñecémolo ben... TREPA, por máis señas, no Bar de Historia...). Ánimo e lume!!!

Anónimo dijo...

A por ellos, oé, a por ellos oé!!!!

lorcho dijo...

¿Habrá llegado la hora de abrir las ventanas y airear la habitación?