Impacto crítico
O alcalde de Boiro Xosé Deira, o tunante-alcalde Juan Jesús Ares, o concelleiro de Cultura Xerardo Piñeiro e o suposto técnico arqueólogo do Centro Arqueolóxico de Barbanza Víctor Barbeito son os responsables da destrucción dun tramo enteiro dun foxo vencellado ao sistema defensivo dos castros de Neixón, que foi destruído con pá mecánica como se pode apreciar nos senllos perfís estratigráficos, tapados tencionadamente con plásticos negros. Un feito gravísimo: a ampliación innecesaria dun Centro Arqueolóxico provoca un impacto crítico no xacemento. Mentres os castros esmorecen, estes señores invisten cartos do Estado (80.000 euros) para destrozar un espazo social, para destruír parte do xacemento arqueolóxico, para actuar de maneira delictiva. Por suposto, a bancarrota do concello de Boiro, unha bancarrota moral e económica, impide a finalización das obras, aplicando ese vai ti facendo, esmolando cartos a papá Estado e mamá Xunta para tentar rematar a súa peculiar Cidade da Cultura. Que morro! Que noxo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario