22/4/10

Contextos


Como en moitos outros grupos étnicos da zona, a bebida en comunidade era e é unha parte moi importante na reprodución ritual e simbólica da vida social. Aquí vedes como forma parte central da escenografía deste funeral, ofecéndose á xente que ven acompañar á comunidade no momento da morte. A elaboración e consumo colectivo de cervexa foi condanado pola política de domesticación das almas e dos corpos levada a cabo polos misioneiros de turno. A Deus non lle gusta que beban bebidas alcólicas, segundo parece, aínda que vaia contra a súa verdadeira relixión.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Tradición esquecida na nosa terra, a celebración do último rito de paso entre bebida, comida,contos, chistes e risas. Cando a morte era unha excusa máis para socializar, un acto natural tratado de forma natural.

lorcho dijo...

Eu creo que non tan esquecida, aínda que si cada vez máis en perigo; eu xa estiven nunhas cantas ate non fai moito. A máis recordada a da Tía Maruja, unha compostelá de cepa que pasou irá xa para vinte anos. Misa en Salomé, con certa algarabía infantil, e xuntanxa post-funeral na casa de tres pisos da Rúa Nova (que dende o terceiro abría a porta cun cordel atado ao manubrio dembaixo de todo). Como quince primos, os máis novos, ate os 18-20 anos, nun grande cuarto ("os maiores", véxase adultos, estaban noutro) aínda co arrecendo da finada e a súa cotidianeidade. E en cadanseu, aperitivos, patatas fritas, refrescos léase tardo-Mirinda ou Kas, ou, para os grandes, cervexa, caña e os aguerridos augardente. De todo menos pranto, oiga.
Un bo recordo, que non creo que difira moito do das fotos; grazas Tía Maruja.

Anónimo dijo...

No caso do avó da miña muller, finado ainda non fai un ano, fíxose unha adaptación dese ritual, solicitado en vida polo finado: esparexido das súas cinzas na aldea de orixe e xuntanza de tódolos fillos cas súas respectivas familias para gran papada de polvo no Fiuza da Coruña, como dicía el: "cando morra facede unha festa, que pago eu!!!!!!!!!!!"

lorcho dijo...

Qué boísimo!!