17/2/10

Espazo vivido



No discurso arqueolóxico falta a xente do pasado. Podemos facer memorias de escavación con datos, materiais, táboas, estatísticas e demais, pero corremos o risco de quedar reducidos a un metadiscurso científico, a unha narrativa aséptica que non chega á sociedade. No noso proxecto pretendemos achegarnos e achegar ao público xeral ao que puido ter sido vivir no Castro Pequeno de Neixón hai 2500 anos. Por iso nos interesa Neixón como espazo vivido, no pasado e no presente.

Fotografías: fusaiolas recuperadas na campaña de 2008 no Castro Pequeno e a súa utilización por mulleres agaw en Etiopía occidental en marzo de 2006.

3 comentarios:

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E dijo...

Boas!

Unha cousa que non me queda clara... Levaches as fusaiolas de Neixón ata Etiopía ou as que manexan estas mulleres son as súas propias?

Polo resto, impresionante.

Voute lendo!

Eduard

El Ayán dijo...

Expreseime mal; as fusaiolas son as que atopanos na escavación, e a foto das mulleres agaw é en Etiopía coas súas propias fusaiolas

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E dijo...

Xa supuña que era coma ti dis, mais preferin pregutar para non quedar coa dúbida!

Moitas grazas!