IV Encontros Arqueolóxicos de Barbanza
Hoxe presentan no Centro Arqueolóxico de Barbanza os IV Encontros Arqueolóxicos de Barbanza (http://www.centroarqueoloxicodobarbanza.org/gl/eventos_detalle.asp?insc=si&id=68). Por unha banda, a sutil manobra política consiste en facer coincidir o evento co suposto inicio de obras de ampliación do CAB, e facer verlle ao Director Xeral de Patrimonio que fan falla cartos para abordar tan necesario, útil e acuciante proxecto. Por outra banda, a sutil manobra científica consiste en elaborar un programa grazas ao cal a xente de Barbanza pode achegarse á casa de Ariadna de Pompeia ou á cultura do Argar, pero non vai poder saber o que se fixo no xacemento anexo ao CAB nos anos 2007 e 2008. O comité organizador non considera de interese divulgar, por exemplo, a primeira escavación feita no Castro Pequeno de Neixón en 30 anos ou exhibir o coñecido documental sobre os castros de Neixón. Loxicamente non existe razón científica para iso nin relación de ningún tipo entre a Aula de Neixón e os castros de Neixón. O que si conta é un boicot infantil e inútil (http://certo.es/index.php?page=neixon_a_nosa_torre_iii). Grazas a esta actitude coñecen mellor polo mundo adiante o que fornece Neixón á Arqueoloxía (galega, española e europea) que no propio Barbanza. Pero para iso está Arqueoneixon. Durante este próximo mes divulgaremos en exclusiva neste blog os resultados provisionais nas escavacións no Castro Pequeno de Neixón (2008), interesantes para a comprensión do mundo dos primeiros castros galegos. Outro día falaremos da metahistoria destes Encontros de Barbanza. Malia todo, aconsellamos aos amantes da Arqueoloxía que acodan a este evento. Nós non podemos, porque daquela andaremos por Etiopía.
Fotografía: os verdadeiros encontros arqueolóxicos en Neixón. Previo á misa campestre na Romaría de Neixón. Agosto de 2009.
1 comentario:
Ayan que nas "xeiras" que organiza o CAB van ir a casa desa tal ariadna e desta maneira xa coñecen a aljen de Pompeia.
Publicar un comentario