14/12/09

Lisboa


Un pequeno país que leva centos de anos de autoafirmación nacional grazas á veciñanza de Castela. A excelsa protección do Patrimonio Cultural portugués ten bastante que ver con este proceso histórico. Malia que o patriotismo luso semella en decadencia no mundo globalizado de hoxendía, a querencia polo pasado segue presente. Unha fermosa tenda alcumada a Vida portuguesa ofrece unha ampla gama de obxectos, de produtos, de marcas, da cultura material que marcou a vida cotiá ao longo do século XX en Portugal. Anuncios publicitarios recordan saber que existen cousas unicamente portuguesas é todo un pracer Loxicamente a exacerbación do sentir nacional combínase cunha sabia retranca, a arma do débil perante o poderoso. Como dicía o outro, ninguén coñece ningún león con retranca, non a necesita. E a relación cos españois devala entre sentimentos encontrados. Despois de aturar media hora a hordas de pijos compatriotas dentro dun tranvía polos rueiros de Lisboa un se reafirma máis no desexo de troco de nacionalidade e recoñece a certeira verdade que recolle esta pintada na Alfama.

1 comentario:

carlos dijo...

Ijualiño que na nosa "ración"