30/12/09

Feliz Ano



Teño un colega que mantén unha tese bastante fundamentada: o grao de bancarrota dun concello galego equivale ao esforzo investido na felicitación do Nadal por parte da Corporación Municipal. No noso concello da Terra de Lemos, sen un can, o carteiro deixou almanaque, felicitacións e demáis andrómenas. Non sei será pola crise que nós non recibimos, por vez primeira este ano, a felicitación do Excmo. Concello de Boiro. Será a crise, digo. Pola nosa banda, desexámosvos un feliz Aninovo. Coma o vellos labregos e os cans fideis, agardamos nos cuarteis de inverno para sorprender con novos proxectos e andrómenas varias. Feliz Ano amigos e amigas de Arqueoneixon.

2 comentarios:

barallouzas dijo...

FELIZ ANO RAPAS
OS VENTOS DE 2010 FUXAN E REVIRAN CARA A CRISE QUE NON TERMINA.SEMPRE QUEDARA O VIÑO E OS AMIGOS

Unknown dijo...

Mimá, pero ese can da foto ten un palleiro enorme! Vaia fartura!
O do Concello de Boiro debe ser cousa do progreso, que se pasaron ao dixital e tal (non sexas desconfiado home).
Que 2010 non che saque unha chisca de retranca!