30/11/09

Os lubrigantes



Algún día con máis tempo exporemos en Arqueoneixon o catálogo das vinte mellores sinálecticas de temática arqueolóxica no NW da Península Ibérica. Os turistas teñen que tolear; mentres nun castro lle din que os celtas en Galicia non existiron, noutro afirman taxativamente que esta xente era celta sen remisión e así sucesivamente. Así e todo, o récord polo momento, lévao o parador de Santo Estevo de Ribas de Sil. Xa sabedes, Paradores de España, rapazas vestidas de gallegas no comedor, toda a información na lingua do Reino, esa decadencia dun modelo turístico dos anos 1960... No contorno, un espazo bucólico amósase ao visitante, coa casa do Forno en ruínas e estruturas anexas. Alí topamos cunha suposta estrutura circular de pedra chantada sobre medio metro de terra orgánica, e con algún sillar reutilizado orixinariamente pertencente ao mosteiro. Ao carón, un cartel recolle a seguinte información:

Hoy en día se conservan vestigios de Castros Celtas en las cercanías, en estas dos colinas próximas, este en el que nos encontramos y otro en la Colina más alta situada al Oeste, denominado Penedos do Castro, supuesto antiguo Castillo del Rey Visigodo Leovigildo, cuya inscripción Leovigil dux se puee leer todavía sobre una roca.
Los Celtas, Pueblos procedentes del Norte de Europa, poblaron Galicia en el año 700 a. C. y fueron conquistados por los romanos en el año 60 a. C. Existen muchos vestigios de sus fortificaciones (castros), lo que muestra que era un pueblo muy desarrollado. La raza Celta que vivía en Galicia se denominaba Brigante.


Resulta doado pensar como se chegou a este discurso. Un fenómeno preme o botón dun ordenador e copia o primeiro que apareza en google, xa sexa un paragrafo de Saralegui e Medina, de Murguia ou da secta de seguidores de Hercolubus, el planeta rojo. O gracioso do tema é que é unha constatación clara da hipótese que plantexamos para os castros de Neixón, ubicados ao carón dos Lubrigos. Polo tanto, os Lubrigantes eran os antigos habitantes de Neixón, os verdadeiros habitantes dos castros marítimos.

1 comentario:

presi dijo...

Umm, qué ricoossss