11/11/09

O berce do protomártir


Ao carón da casa cuartel da Guardia Civil en Tui atópase unha casa en ruínas, restaurante sonado noutros tempos. Neste inmoble naceu Calvo Sotelo. Dúas placas recordan a súa figura. A primeira é unha homenaxe dos seus paisanos cando era Ministro durante a ditadura de Primo de Rivera. Este rexime acolleu unha manchea de tecnócratas dereitistas que supostamente querían superar o sistema caciquil da Restauración para modernizar España. Prado Lameiro, Losada Diéguez e o propio Risco foron algúns dos que participaron nos primeiros anos desta experiencia dictatorial. A segunda placa, menos rechamante, recorda o aniversario do seu martirio, punto de saída do golpe de Estado de xullo de 1936. Cando se pendurou esta segunda placa en 1937 xa pasaran moitas cousas na vella cidade: a resistencia alongada contra o golpe, a feroz represión, o monte Aloia reconvertido nun sinistro paredón, a fuxida polo Miño cara a Portugal...

1 comentario:

Eduard dijo...

Boas, Xurxo!

Pasoume o Xoel do Izquierdo o teu blog... Esta casa de Tui lembroume ao edificio, tras da catedral, no que se celebraron os Xogos Florais de 1981, cando Brañas e Murguía empregaron por primeira vez o galego en público. Agora esa casa tamén esta a piques de caer...

Hai tempo puxen isto no meu blog, sobre arqueólogos: http://galiza-catalunya.blogspot.com/2008/09/llus-pericot-i-florentino-lpez.html

Saúdos!