Máis alá do río do Esquecemento
Os arqueólogos temos boa memoria. Non está tan lonxe o tempo no que a Arqueoloxía de Urxencia, Preventiva ou de Xestión era considerada como unha prática nociva alonxada da investigación. Moitos compañeiros que daquela nos criticaban por traballar en Obras Públicas hoxendía levan unha longa traxectoria gañando o pan en avaliacións e correcións de impacto. Cousas da vida. Aínda así, en certos sectores da Academia segue a considerarse esa práctica como non xeradora de coñecemento. Poderiamos falar moito deste tema. Unicamente quería traer aquí un excelente traballo de investigación que xurdiu na escavación en área dun castro no marco dunha obra pública. Refírome á tese de doutoramento (Coimbra, marzo de 2009) de António José Marques da Silva Vivre au de-la du fleuve de l'oublie. Portrait de la communauté villageoise du Castro do Vieito au moment de la integration du NO de la péninsule ibérique dans l'orbis Romanum (estuaire du río Lima, NO du Portugal)(http://www.castrodovieito.co.cc/). Unha impresionante escavación en área de dous terzos dun poboado fortificado de curta vida na bacía do Lima, vencellado co comercio en época augustea e xulio-claudia. Puidemos coñecer de primeira man esta investigación nunhas xornadas de traballo co grupo de investigación da Universidade de Coimbra liderado pola profesora Conçeiçâo Lopes. Temos certa envexa de que non exista unha Arqueoloxía Clásica así na Galiza. O castro do Vieito vai dar moito que falar, polo seu excelente rexistro e pola calidade dos seus investigadores.
2 comentarios:
Nun dos veráns que pasei eu a formarme en terras portuguesas había un anuncio radiofónico dunha bebida cunha cancionciña que loubaba moitos elementos da cultura lusa e remataba cun Viva Portugal!
Pois eso.....
poupa, poupa-poupa-pouuuuupa... Qué años lusitanos!
Publicar un comentario