23/10/09

De Big Man a Big Brother


O estranxeiro convertido nunha verdadeira atracción de circo. No século XIX os empresarios circenses levaban de xiras a xentes das colonias, que eran exhibidas nos parques zoolóxicos. En 1897 un grupo de ashantis africanos eran amosados ao público no seu hábitat natural, nunha aldea prefabricada nos xardíns do Retiro en Madrid. Tódalas tardes acodía alí a burguesía da Villa y Corte, a ver os salvaxes. Seica algúns tiñan até medo de achegarse non fose que mordesen, segundo a prensa local. Anos antes nunha macroexposición sobre as colonias asiáticas españolas, 45 indíxenas da Micronesia e de Filipinas ocuparan o mesmo escenario. De feito, o famoso lago que está diante do Pazo de Cristal no Retiro, fabricárase para que os asiáticos remasen coas súas canoas, para deleite do público da metróple. Estes etnoshows, esta humillación de barraca dáse agora en 2009 en Telecinco nun Gran Hermano no que a presentadora (ese-ser-extrano) afirma entusiasmada que vai entrar na casa unha familia recén chegada de Papua Nova Guinea, "directamente desde el Neolítico". Amigos e amigas, este é o país de merda no que vivimos.

8 comentarios:

lorcho dijo...

¿¿¿

lorcho dijo...

Lo de Regreso al Futuro:
"Toc toc ¿Hay alguien ahí dentro? Piensa McFly, piensa".
Pues eso.

Paesicus dijo...

Acojonante... Vaya espectáculo más patético, reflejo de una sociedad inculta y de una televisión para mamarrachos. Si los de Cuatro mandan familias españolas a las tribus africanas, los de Telecinco traen los indígenas a Gran Hermano, hay que joderse. ¿Por qué no cogen a toda la panda de payasos que inundan la tele y los mandan al espacio en un nuevo show titulado "Rumbo a estrellarse contra el Sol"? Seria divertido ver como se achicharran...jajaja

Certo dijo...

Home, esquecícheste do caso do bosquimano de Banyoles... Se ata Iker Jiménez lle sacou unha maldición!
http://www.youtube.com/watch?v=WTNhrnGPVHI

No outro, concordamos. Difundímolo no noso blog (ao noso pesar, pois coidamos que este tipo de críticas só engordan ao monstro)

bea dijo...

LLevo dos días indignada con esto. Sin palabras...PAIS DE MIERDA...y viva el etnocentro-comercial

onano dijo...

bueno despois os seus descendentes acabanse casando con rubias despanpanantes e ganando miles de millons mestres nos os miramos con cara de envidia e os loubamos, falobos dos señor Karembe descendente ou millor dito ascendente duns deses neghrinos que tiberan alo nos campos eliseos pa solaz de los parisinos

+onano dijo...

ah! que mesquencia eu quero voltar o antiguo espendor da Abisinia italiana, si señor recuperemolo noso glorioso pasado.
primeiro caera marruecos logo o resto do imperio ( parafraseando o señor leonar cohen)

Nemigo dijo...

que fuerte doc!